FILOSOFÍA DA ILUSTRACIÓN
[EN GALEGO]
(Introducción)
[HOME]

Non e posible estudiar a filosofía da Ilustración de forma sistemática. Sucede todo o contrario que na filosofía racionalista do século XVII; eiquí e posible caracterizar o contido filosófico analizando sistema trás sistema; de Descartes a Malebranche, de Spinoza a Leibniz. Istos fíos conductores rómpense ó chegar ó século XVIII. A filosofía da Ilustración e imposible presentala como unha mera sucesión de opínions; no seu lugar centraremos a exposición presentando aquéles aspectos esenciais que nos van transmitindo a visión diste século sobre cuestions como a Natureza, a relixión e a sociedade. Seguindo ista metodoloxía poderemos descubrir aqueles puntos capitais que nos presenta iste período formando como un bloque firmemente estructurado.
Para escomenzar a situarnos un pouco niste período nada millor que describir un texto de unha das figuras mais relevantes da Ilustración. Trátase de D'Alembert. Na sua obra "Ensayo sobre los elementos de la filosofía" sinala o seguinte:
"En cuanto observamos atentamente el siglo que nos ha tocado vivir ... no será difícil que nos demos cuenta que ha tenido lugar un cambio notable en todos nuestras ideas, cambio que, debido a su rapidez, promete todavía otro mayor para el futuro....se han realizado grandes progresos; la ciencia de la naturaleza adquiere de día en día nuevas riquezas, la geometría ensancha sus fronteras y lleva su antorcha al terreno de la física; se conoce, por fin, el gran sistema del mundo...se amplía nuestra visión del universo desde la historia de los cielos hasta la de los insectos...todo ha sido discutido, analizado, removido, desde los fundamentos de las ciencias hasta los principios de la religión revelada, desde los problemas de la metafísica hasta los del gusto, desde las cuestiones teológicas hasta las de economía, desde la política hasta el derecho."
Niste texto mostrase claramente o sentir espiritual do home do século XVIII: percíbese a sensación de que se vive nun século en donde se produxeron cambios esenciais en todas as ramas do saber. Istamos nun século donde reina un gran optimismo e fe nas posibilidades do home.
Tal fe e optimismo, sin embargo, ten unha base. Para os homes da Ilustración existe unha forza responsable de todos os cambios sinalados. Isa forza chamanlle: A RAZON.
E certo que iste término aparece continuamente en toda a historia do pensamento humano; e mais concretamente tivemos ocasión de ver a importancia que tiña na filosofía de Descartes e os demais recionalistas. Nambergentes, o sentido que agora lle dan a iste término os ilustrados do XVIII e moi diferente ó defendido no seculo XVII. Os racionalistas do XVII consideraban como misión esencial de todo filósofo o construir sistemas a partir de principios que posexan unha verdade absoluta e indubitable. Iso conseguíase dende o momento en que se fai uso do método deductivo de investigación, consistente en encadear de modo lóxico unhos principios evidentes con outros para lograr así seguridade teórica.
O século XVIII renuncia a iste xénero deductivo. Xa non interesa o rigor sistemático do racionalismo cartesiano senón o novo método que tan bos frutos lle dera a Newton na investigación da natureza. E o método de Newton non é de tipo deductivo senón inductivo: Newton non escomenza polo establecimento de principios que posean veracidade absoluta para, a partir deles, descubrir outos campos de verdade. O método de Newton colle polo camiño opuesto. Non se trata de partir de ningún principio absoluto, por moi evidente que se nos presente a mente; debemos partir da observación e da experiencia, e, os principios que a realidade nos mostra son sempre relativos. Tal relatividade, nambergantes , e o único camiño a seguir para intentar descubrir os secretos da natureza.
Pois ben, os ilustrados do XVIII identifican a Razón con ista metodoloxia newtoniana intentando, ademais, aplicala non só ó campo da física senón a todas as ramas do saber. "Nunca debemos apoyarnos sobre puras hipótesis; ni comenzar con el descubrimiento de cualquier principio para proceder luego a explicarlo todo partiendo de él. Debemos comenzar por la desarticulación exacta de un fenómeno. Si no nos ayudamos con la antorcha de la experiencia y el compás del matemático, jamás podremos dar un paso hacia delante".(Texto do século XVIII).
O cambio de mentalidade dun século a outro é evidente e as repercusións en ámbitos que, en principio nada parece que teñen que ver ca física (moral,relixión,etc), estarán tamen, como veremos, moi presentes.
En definitiva, o seculo XVIII " enterra a metafísica ",e decir, a creencia de que a razón humana pode chegar, mediante a sua razón, a descubrir as verdades últimas. O seculo XVIII abandoa a esperanza de poder arrebatar á natureza o último segredo, así como o penetrar no ser absoluto da materia ou da alma humana. Con describir e descubrir as suas leis de funcionamento xa se dan por satisfeitos. Niste senso son menos optimistas cos racionalistas do século XVII ainda que, curiosamente, viven nun século donde a confianza na razón e no progreso son moi grandes.
A creencia de que a metodoloxía de Newton podía aplicarse non só á física senon a outras ramas do saber podémola percibir moi claramente nos plantexamentos de CONDILLAC E DE HELVETIUS. Ambos parten da premisa de que si a metodoloxía de Newton lle permitiu descubrir o funcionamento do universo, ¿porque non intentar aplicar esa mesma metodoloxía a outras ramas do saber, por exemplo, o psiquismo humán?
Na sua obra "Tratado de las sensaciones", Condillac, sinala que non existen diferencias entre a realidad psíquica e corporal e que ambas rixense polas mesmas leis. E certo, sinala, ca realidade psíquica nada ten que ver coa extensión, a magnitude, o espacio físico etc; o que parece negar, en principio, que ista poda ser analizada cos mesmos instrumentos que calquer outra realidade material. Niste senso, Condillac, mostrase d'acordo con Descartes. Nambergantes, sinala tamen que ainda co psíquico non poida ser observado directamente como calquer outro fenómeno físico si pode descompoñerse en factores e en elementos constitutivos e tales factores e elementos non son outra causa ca transformación dun nucleo e orixen común responsable tanto do físico como do que denominamos espiritual. De ahí que, o que solemos considerar como formas superiores do espíritu, non son outra causa ca transformación dun proto-elemento que procede da enerxía sensible.
Helvetius sigue na mesma linea que Condillac. Na sua obra "Acerca del espíritu" sinala que dentro do home non existe nada que esté "enriba ou debaixo",nada que sexa superior ou inferior senón que todo está nun mesmo plano. Condillac pon un exemplo que nos pode axudar a entender mellor o que quería decir: parte do suposto da existencia dunha estatua de marmol que é "animada" progresivamente e provista dunha vida anímica cada vez mais complexa a medida que cada un dos sentidos van imprimindo as suas cualidades especiais no marmore. Agora ben, si logramos producir tal grado de complexidade psíquica, tamen poderíamos reducíla, co que se demostraría que o que chamamos vida psíquica superior non é outra causa cunha transformación das cualidades sensibles. En definitiva, según Helvetius, as sensacions son quenes marcan a línea fronteriza entre a materia inerte e a inanimada. O pensar, xuzgar, querer, desexar, imaxinar, etc non son realmente diferentes do proto-elemento (sensación) de donde todo procede.

Indice