TEMA 16: MARX
(LIBRO DE TEXTO)
MARX
(Test)
1º) Anos do nacemento e da morte de Carlos Marx?
2º) ¿Cal é a obra que Marx, xunto con Engels, redacta en Bruxelas no ano 1848?
3º) Sinala 4 das obras mais destacadas escritas por Carlos Marx:
4º) ¿Acepta Marx, ou rexeita, a tese de de Hegel según a cal o que é racional é real, e o que real é, o mesmo tempo, racional?
5º) Según Hegel as manifestacións do real (tanto naturais como sociais e políticas): ¿son manifestacións da materia ou do espíritu?
6º) A tese ontolóxica de Hegel: ¿é materialista ou idealista?
7º) Según a interpretación idealista de Hegel:¿o ser determina ou rexe ó pensarr ou, polo contrario, o pensar determina e rexe ó ser?
8º) Según a interpretación idealista de Hegel:¿dase a primacia do obxeto sobre o suxeito ou a primacia do suxeito sobre o obxeto?
9º) Para Hegel, a totalidade do real refírese: ¿ó universo material ou ó universo do espírito?
10º) Anos do nacemento e a morte de Engels:
11º) En 1848, Engels axuda a Marx na publicación do Manifesto Comunista: ¿cal era o lema mais famoso desta obra?
12º) Describe a tese ontolóxica do idealismo de Hegel:
13º) Describe a tese epistemolóxica do idealismo de Hegel:
14º) ¿É certo ou falso que, según Marx, a esencia humana equivalía, para Hegel á autoconciencia?
15º) A liberdade que Hegel defendía era:¿de tipo social é político ou de tipo espiritual?
16º) Según Hegel: ¿cal era o lugar de materialización da sua concepción da liberdade?
17º) ¿É certo ou falso que, según Marx, para Hegel, a historia é unha acción imaxinaria de suxeitos imaxinarios?
18º) Según Hegel a estructura social e política é de tipo plenamente racional o que permitiría a realización plena do ser humano: ¿qué tipo de realidade, según Marx, contradí esta afirmación de Hegel?
19º) Según Hegel o saber filosófico é:¿teoría ou praxe?
20º) Según Marx, o saber filosófico é.¿teoría ou praxe?
21º) Según Hegel a filosofía é unha reflexión puramente teórica que se limita a reproducir, na orde do discurso, a realidade: ¿cal é a expresión que Marx utiliza para definir este tipo de filosofía?
22º) A teoría de Hegel sobre a realidade é:¿de estructura dinámica e contradictoria ou de estructura permanente e sen contradicción?
23º) Acepta ou rexeita Marx o idealismo e o carácter sistemático do pensamento de Hegel?
24º) Acepta ou rexeita Marx o que denomina como dialéctica da negatividade de Hegel?
25º) ¿Cómo se chama o autor dunha obra titulada A esencia do cristianismo?
26º) O marxismo sostén unha teoría materialista do real. Según Engels para o materialismo o único real é?
27º) Según Feuerbach, os seres superiores que a nosa imaxinación relixiosa forxa non son outra cousa que?
26º) ¿O materialismo de Feuerbach es mecanicista ou organicista?
27º) ¿O materialismo de Feuerbach é capaz ou é incapaz de concebir o mundo como un proceso?
28º) O materialismo de Feuerbach concibe ó ser humano como un ser activo-práctico ou como un ser só contemplativo?
29º) ¿Según Marx, Feuerbach, concibe ó home como un obxeto sensible ou como unha actividade sensible?
30º) ¿Según Marx, Feuerbach, só coñece como relacións humanas entre home e home as duas seguintes?
31º) Según Feuerbach o feito da autoalleación relixiosa prodúcese porque o universo natural e sensible é concebido como: ¿unificado ou duplicado?
32º) Según Feuerbach a alleación relixiosa prodúcese porque o mundo relixioso se reduce ó terreal ou porque o mundo relixioso non se reduce ó material?
33º) ¿É certo ou falso que, según o Marxismo, reducir o mundo relixioso ó mundo terreal significa mundanizar a relixión pero conservando incólume o sentimento relixioso?
34º) Según o marxismo a crítica da relixión debería ser: ¿teórica ou práctica?
35º) No pensamento de Feuerbach materialismo e historia aparecen:¿unidos ou divorciados?
36º) No pensamento marxistas materialismo e historia aparecen:¿unidos ou divorciados?
37º) Según o marxismo, Feuerbach, no seu proceder metódico prescinde da historia e das relacións sociais e considera a esencia humana como:¿xenérica ou singular?
38º) Según o marxisimo, Feuerbach, considera ó home como un ser: ¿real ou abstracto?
39º) A ideoloxía como sistema de representacións dotadas dunha existencia e dun papel históricos no seo dunha sociedade é: ¿algo algo esencial ou algo sublimado?
40º) É certo ou falso ca ideoloxía pode concebirse como un conxunto de ideas e sublimacións que dan unha imaxe falsedada e falsificadora da realidade humana?
41º) ¿Cales son as tres teses co marxismo mantén en relación coa ideoloxía?
42º) Según o marxismo as ideoloxías desfiguran e suplantan imaxinativamente ou conceptualmente a situación real e histórica dos seres humanos. Este feito conduce á?
43º) Según o marxismo o concepto de alienación presenta unha triple orixe: ¿cal é ese triple orixe?
44º) Cando a acción do polo subxetivo-activo productivo sae fora de sí mesmo e entra en relación con algo distinto, prodúcese?
45º) Cando a acción do polo subxetivo-activo productivo, na relación con algo distinto, expropia ou perde algo de si mesmo, prodúcese?
46º) ¿Cal é o termo que refire só acción relacional de polo subxetivo co polo obxetivo?
47º) Cando o resultado da acción productiva do ser humano non lle pertence senón que devén en propiedade doutro (aliud), prodúces?
48º) Según o marxismo o productor ou ser humano é un ser alienado dado ca sua acción productiva non lle pertence negándose a si mesmo e producíndose a sua?
49º) Según o marxismo o producto queda desvinculado da súa relación co suxeito productor. Esto fai co traballador é convertido nunha cousa e, por iso, devén nunha?
50º) Según o marxismo a alienación é:¿unha situación natural ou unha situación histórica?
51º) Según o marxismo a mercancía ten un dobre valor: ¿cal é ese dobre valor?
52º) ¿Qué tipo de valor é exterior á mercancía e está sometido a modificación?
53º) ¿Qué tipo de valor expresa a propiedade de calquera obxeto ou mercancía para satisfacer unha necesidade humana?
54º) ¿Cales son, según o marxismo, as tres formas principais de alienación?
55º) Cal é a forma de alienación que surxe a partires da división existente entre a sociedade civil e o Estado?
56º) ¿Cal é a forma de alienación que se levanta a partires da división da sociedade en clases?
57º) ¿Cales son,según o marxismo, as duas ramificacións que acompañan á alienación económica, social e política?
58º) ¿É certo ou falso que Feuerbach non encontra a raiz da relixión no sentimento relixioso senón na miseria e a esgazadura da vida social?
59º) ¿É certo ou falso que Marx non encontra a raiz da relixión no sentimento relixioso senón na miseria e a esgazadura da vida social?
60º) ¿É certo ou falso que, según Marx, a filosofía só interpreta a realidade cando do que se trata é de transformala?
61º) Sinala as 4 tesis xerais da concepción marxista sobre a natureza humana:
62º) Sinala os tres tipos de significado co marxismo atribúe ó seu concepto de humanismo:
63º) ¿Cal é o concepto que, según o hegelianismo e tamén o marxismo, expresa a natureza da realidade como proceso dinámico de elementos interrelacionados?
64º) Marx leva a cabo unha desmitificación, e decir, unha materialización e unha "volta ó revés" da dialéctica idealista de Hegel. Nesa desmitificación a natureza é ¿algo orixinario ou resultado de algo distinto a ela?
65º) Según o marxismo a categoría de totalidade non só é racional senon tamén natural e social: Tal totalidade encerra negatividade ou contrariedade. ¿Tal contrariedade, según o marxismo, é conceptual ou é real?
66º) O sistema filosófico que defende ca materia constitúe a esencia de todo o real e que, ó mesmo tempo, está rexida pola dialéctica con anterioridade e á marxe do ser humano e da historia, denomínase?
67º) ¿Cál é a expresión que se utiliza para designar a concepción materialista da historia, según o marxismo?
68º) ¿Cal é o concepto que designa, según o marxismo, a capacidade de producción ou traballo real dos homes?
69º) ¿Cal é o concepto que designa, según o marxismo, as relacións que se establecen entre os propietarios dos medios de producción e os traballadores?
70º) ¿Cal é o concepto que designa, según o marxismo, o fundamento sobre o que descansa e que condiciona todo o proceso de producción?
71º) ¿Cal é o concepto que designa, según o marxismo, o conxunto de ideas que representan á conciencia?
72º) ¿Cal é o concepto que se refire,según o marxismo, tanto á estructura económica da sociedade como ós niveis de tipo xurídico-político e ideolóxico?
73º) ¿Cal é o concepto que dessigna, según o marxismo, a integración da estructura económica, coa estructura xurídico-política e coa estructura ideolóxica?
74º) ¿Cal é o concepto que designa, según o marxismo, a destrucción e transformación dunhas determinadas relacións de producción, coa conseguinte subversión da sobreestructura?
75º) Según o materialismo histórico o factor determinante da historia é a relación entre as forzas productivas e as relacións de producción. A contradicción que se produce entre estas duas forzas: ¿a qué conduce?
76º) Según o materialismo histórico existe unha relación dialéctica entre infraestructura e sobreestructura: ¿cal destas duas relacións constitúe o principio de explicación?
77º) ¿É certo ou falso que, según o marxismo, o factor económico é o único determinante nas relacións de producción?
78º) Ainda que para moitos constitúe unha instancia utópica o vector final ó que se dirixe a historia, según o marxismo, é a completa desaparición das clases sociais. Esto se conseguiría coa instauración do?
Si queres coñecer a solución: preme eiquí
Filosofía II
TestFlash1
TestFlash2
TestFlash3