PLATÓN
A REALIDADE E O COÑECEMENTO
(Test)
1º) Platón pensa que existen entidades inmateriais, inmutables,absolutas e universais: ¿cómo denomina a tales entidades?
IDEAS |
2º) A concepción platónica da realidade: ¿é monista ou dualista?
DUALISTA |
3º) Platón concibe as ideas como conceptos o construccións mentais de obxectos sen existencia á parte da mente cos concibe, ou como realidades á parte da mente?
REALIDADES |
4º) Un dos filósofos que influiron na concepción das ideas de Platón foi Sócrates: ¿e certo ou falso que Sócrates consideraba os conceptos universais como subsistentes en sí?
FALSO |
5º) ¿É certo ou falso que Platón consideraba os conceptos universais (ideas) como subsistentes en sí?
CERTO |
6º) ¿En qué diálogo, Platón, nos describe como as almas contemplan as ideas situadas fora do universo nun lugar supraceleste?
FEDRO |
7º) Según Platón: ¿é certo ou falso cas ideas dependen no seu ser , na sua verdade e na sua permanencia das cousas sensibles?
FALSO |
8º) Según Platón: ¿e certo ou falso cas cousas sensibles dependen no seu ser das ideas?
CERTO |
9º) ¿Cales son os dous termos que Platón utiliza para explicar a relación dos seres sensibles coas ideas?
PARTICIPACIÓN e IMITACIÓN |
10º) Para Platón as ideas son modelos a imitar. Dende este momento tales ideas se convirten en?
IDEAIS |
11º) ¿Cales serían, según Platón, os 3 elementos que alberga o seu mundo ideal?
IDEAS DOS SERES FÍSICOS – IDEAS MATEMÁTICAS – IDEAS DE CARÁCTER MORAL E POLÍTICO |
12º) Según Platón as ideas constituen unha gradación xerarquizada: ¿qué idea s’atopa na cúspide?
IDEA DO BEN |
13º) ¿Cómo se podería difinir a ontoloxía (concepción da realidade) de Platón?
DUALISTA |
14º) ¿Cales son as duas formas de coñecemento que, Platón, distingue e contrapón?
SABER OU CIENCIA (EPISTEME) e OPINIÓN (DOXA) |
15º) Según Platón a ciencia e a opinión teñen características distintas e contrapostas: ¿e certo ou falso co saber pode ser erroneo e a opinión nón?
FALSO |
16º) Según Platón a ciencia e a opinión teñen características distintas e contrapostas: ¿e certo ou falso co saber é estable e a opinión nón?
CERTO |
17º) Sinala os dous pasos que se deberían seguir, según Platón, para acadar o auténtico saber (episteme ou ciencia)?
PRIMEIRO: ESTUDO DAS MATEMÁTICAS. SEGUNDO:COÑECEMENTO DO BEN |
18º) A ciencia que permite acadar un saber absoluto e total é denominado por Platón co nome de?
DIALECTICA |
19º) Según Platón na sua teoría da anamnese ou reminiscencia afirma que o aprender consiste realmente en?
RECORDAR |
20º)¿É certo ou falso ca alma non ten en sí mesma o coñecemento das ideas e por iso o esquece o reencarnarse no corpo?
FALSO |
20º) No Fedro, Platón, relata un mito para explicar como a alma coñece as ideas antes da sua entrada no corpo:¿cal é o nome dese mito?
MITO DO CARRO ALADO |