Desenvolvemento e Grandes temas da filosofía medieval e
renacentista
TEMA 4
(LIBRO DE TEXTO)
O CICLO DA FILOSOFÍA MEDIEVAL
(Test)
1º) ¿Durante qué séculos se prolonga a Idade Media?
2º) ¿Cal é o sistema socioeconómico presente na Idade Media?
3º) A política xeral da Idade Media xira ó redor de dous poderes: ¿cales son?
4º) ¿É certo ou falso que, na Idade Media, a filosofía púxose ó servicio das crenzas relixiosas?
5º) ¿Cales son as 4 correntes filósoficas mais importantes na Ideade Media?
6º) ¿Cal foi a corrente filosófica dominante perante os séculos VI-XIII?
7º) ¿Cal é o filosofo mais importante da escola anterior no século XI?
8º) ¿Qué filósofo é "descuberto" nos séculos XII-XIII en occidente?
9º)¿Quenes son responsables da penetración en Occidente do filósofo anterior?
10º) Filósofo árabe que adopta unha visión platonizada do pensamento de Aristóteles:
11º) Filósofo árabe que adopta unha visión pura do aristotelismo?
12º) ¿Cómo se denomina a movemento aristotélico que se funda en París no século XIII?
13º) ¿Cales son as tres afirmacións ou teses que defendía o averroismo latino?
14º) ¿É certo ou falso co averroismo latino rexeitaba a autonomía da razón fronte a fe?
15º) ¿É certo ou falso que, según San Tomé de Aquino non hai contradicción en que o mundo sexa eterno e creado á vez?
16º) ¿É certo ou falso que, según San Tomé de Aquino, o entendemento inmortal aristotélico é único para todos os homes?
17º) ¿É certo ou falso que, según San Tomé de Aquino, o entendemento inmortal aristotélico é unha facultade superior da alma a cal é inmortal?
18º) ¿Cal foi a corrente filosófica dominante perante o século XIV?
19º) O filósofo mais importante da corrente filosófica anterior foi?
20º) ¿Quén defendía na Idade Media ca fe ilumina á razón e a razón axuda á fe facendo comprensibles os seus contidos?
21º) ¿Quén afirmou fides quarens intellectum (A fe tratando de comprender)?
22º) ¿Quén defendeu na Idade Media a teoría da dobre verdade?
23º) ¿Quén defendía na Idade Media que hai verdades que son propias da fe e verdades que son propias da razón?
24º) ¿Quén defendía na Idade Media que non era certo que houbese verdades comúns á razón e a fe ya que teñen contidos distintos?
25º) ¿Cal foi a vía demostrativa da existencia de Deus defendida por Santo Agostín?
26º) ¿Quén formulou na Idade Media o argumento ontolóxico?
27º) Cal foi a vía que seguiu San Tomé de Aquino para demostrar a existencia de Deus: ¿vía a priori ou vía a posteriori?
28º) ¿É certo ou falso que para os filósofos cristiáns a orde moral forma parte da orde xeral do universo?
29º) Según o agostinismo o fundamento da lei moral reside en?
30º) Según o tomismo o fundamento da lei moral reside en?
31º)Según San Tomé de Aquino a lei universal que regula o comportamento de todos os seres denomínase?
32º)Según San Tomé de Aquino a parte da lei eterna que se refire ó home como ser racional e libre, denomínase?
33º) Según Santo Agostín a lei moral natural que está gravada no corazón dos homes, denomínase?
34º) Según os filósofos gregos as leis da natureza son: ¿necesarias ou continxentes?
35º) Según Guillerme de Ockam as leis da natureza son: ¿necesarias ou continxentes?
36º) Según Guillerme de Ockham os mandamentos da lei de Deus son ¿necesarios ou continxentes?
Si queres coñecer a solución: preme eiquí
Filosofía II
TestFlash
Cristianismo
y Filosofía
Tomás de Aquino