Desenvolvemento e Grandes temas da filosofía medieval
e renacentista
(LIBRO DE TEXTO)
TEMA 4:
INTRODUCCIÓN: CRISTIANISMO E FILOSOFÍA NO IMPERIO ROMANO
(Test)
1º) O encontro entre cristianismo e filosofía tivo lugar nos primeiros séculos da nosa era, durante o imperio romano. ¿Cales eran as catro escolas filósoficas gregas dominantes?
PLATONICA/ARISTOTÉLICA/EPICUREA/ESTOICA |
2º) Filósofo insige cordobés, pertencente a escola estoica romana, do século I da nosa era?
SENECA |
3º) A partir do século III d.d.Cristo a corrente principal da filosofía grega foi?
O NEOPLATONISMO |
4º) Filósofo grego neoplatónico do século III d. d. Cristo que inflúe decisivamente en Santo Agostin?
PLOTINO |
5º) O cristianismo non é un sistema filosófico senon unha doutrina de salvación. Duas das crenzas cristiáns, novas e alleas á filosofía grega, eran?
TEORÍA DA CREACIÓN/PROVIDENCIA DIVINA |
6º) ¿Con quen poñían en relación os filósofos gregos a Deus?
COSMOS |
7º) ¿Con quen poñía en relación o cristianismo a Deus?
HISTORIA |
8º) ¿É certo ou falso ca filosofía grega, nos tempos do imperio romano, consideraba moi dificil o coñecemento absoluto da verdade?
CERTO |
9º) ¿E certo ou falso co cristianismo, nos tempos do imperio romano, consideraba moi dificil o coñecemento absoluto da verdade?
FALSO |
10º) ¿E certo ou falso ca filosofía grega defendeu un monoteismo estricto?
FALSO |
11º) ¿E certo ou falso co cristianismo defendeu un monoteismo estricto?
CERTO |
12º) ¿É certo ou falso ca filosofía grega considerou a creatio ex nihilo como un principio racional incuestionable?
FALSO |
13º) ¿É certo ou falso co cristianismo considerou a creatio ex nihilo como un principio racional incuestionable?
CERTO |
14º) A idea do creacionismo de tipo cristían está intimamente unido ó concepto de?
CONTINXENCIA |
15º) Todos os seres, excepto Deus, existen pero pero poderían non existir: ¿cál é o termo que expresa esta definición?
CONTINXENCIA |
16º) ¿Qué tipo de idea s’atopa intimamente vinculada ó monoteismo e ó creacionismo?
OMNIPOTENCIA |
17º) ¿Qué concepto grego cuestionaba a defensa co cristianismo facía dos milagres?
A NECESIDADE |
18º) O cristianismo defende a paternidade divina. Unicamente un filósofo grego definiu a Deus como pai e facedor de todo: ¿qué filósofo foi?
Platón |
19º) ¿Cales son os tres elementos fundamentais da concepción cristiá do ser humano?
IMAXE DE DEUS/ALMA INMORTAL/RESURRECCIÓN |
20º) Para a filosofía grega, no terreo da moral, o pecado era resultado de?
IGNORANCIA |
21º) Para o cristianismo, no terreo da moral, o pecado era resultado de?
MALDADE HUMANA/LIBERTINAXE |
22º) ¿Nun princripio o cristianismo aceptou o rexeitou a filosofía grega?
REXEITOU |
23º) O cristianismo rematara por "tomar prestados" conceptos básicos da filosofía grega. ¿Cal foi a filosofía grega que ofrecía maiores semellanzas co cristianismo?
PLATONISMO |
24º) Sinala 5 doutrinas do platonismo, sobre a sua concepción do universo, facilmente asimilables polo cristianismo:
EXISTENCIA DOUTRO MUNDO/MUNDO IMAXE DAS IDEAS/PARTICIPACIÓN/DEMIURGO/TRANSCENCENCIA |
25º) º) Sinala 5 doutrinas do platonismo, sobre a sua concepción do ser humano, facilmente asimilables polo cristianismo:
INMORTALIDADE ALMA/LUGAR DA ALMA FORA DO MUNDO/XUIZO TRALA MORTE |
26º) ¿É certo ou falso que para o platonismo todo o que inmortal é tamén inexendrado?
CERTO |
27º) ¿É certo ou falso que para o cristianismo todo o que inmortal é tamén inexendrado?
FALSO |