TEMA 10: O RACIONALISMO: DESCARTES
(LIBRO DE TEXTO)
O RACIONALISMO:DESCARTES
(Test)
1º) Anos do nacemento e morte de Descartes?
1596-1650 |
2º) Según Descartes a sabidoría humana (bona mens) e unha e idéntica, ainda que se aplique a obxectos diversos: ¿por qué a sabedoría (bona mens) é única?
A RAZÓN E ÚNICA |
3º) Según Descartes é prioritario coñecer a estructura da razón. De acordo con tal estructura: ¿cales serían os dous modos de coñecento?
A INTUICIÓN/A DEDUCCIÓN |
4º) ¿Qué modo de coñecemento tén por obxecto, según Descartes, ás naturezas simples?
INTUICIÓN |
5º) ¿Qué modo de coñecemento consiste en levar a cabo unha sucesión e conexión das naturezas simples?
DEDUCCIÓN |
6º) ¿Cales son os dous pasos que están relacionados cos dous modos de coñecemento anteriores?
ANÁLISE/SÍNTESE |
7º) ¿Cales son as duas regras do método relacionadas cos dous pasos anteriores?
SEGUNDA e TERCEIRA REGRA |
8º) ¿Cal é o punto de partida da filosofía cartesiana?
DUBIDA METÓDICA |
9º) ¿Cales son as tres razóns que levan a Descartes a plantexar a dúbida metódica?
FALACIA DOS SENTIDOS/VIXILIA-SONO/ESPIRITO MALIGNO |
10º) A dúbida desaparece cando Descartes cree descubrir unha verdade absoluta, inmune a toda dúbida: ¿cómo expresa o descubrimento desa verdade absoluta?
PENSO, LOGO EXISTO |
11º) O descubrimento da verdade absoluta anterior leva a Descartes a establecer como principio xeral que todo aquilo que perciba con claridade e distinción será verdadeiro: ¿cómo se denomina este principio?
CRITERIO XERAL DE CERTEZA |
12º) Según Descartes a idea que está presente e manifesta para unha mente atenta é unha idea?
CLARA |
13º) Según Descartes a idea que non contén en si mesmo nada máis que o que é claro, é unha idea?
DISTINTA |
14º) A expresión penso, logo existo implica a existencia do pensamento, da realidade, ou da realidade e o pensamento?
UNICAMENTE DO PENSAMENTO |
15º) Descartes deduce a existencia da realidade a partir da existencia indubitable do pensamento: ¿cál é o obxeto directo e inmediato do pensamento?
AS IDEAS |
16º) Según Descartes as operacións da vontade, do entendemento, da imaxinación e dos sentidos, constitúen?
O PENSAMENTO |
17º) Según Descartes as representacións das que ún é consciente, constitúen?
IDEAS |
18º) Según Descartes: ¿sobre quen recae directamente a actividade do pensamento?
AS IDEAS |
19º) Según a filosofía anterior a Descartes: ¿sobre quen recae directamente a actividade do pensamento?
AS COUSAS |
20º) Descartes diferencia entre ideas como actos mentais e ideas con contido obxetivo: ¿as ideas nas que a sua realidade é diversa, son?
DE CONTIDO OBXETIVO |
21º) Descartes diferencia entre ideas como actos mentais e ideas con contido obxetivo: ¿as ideas que teñen sempre a mesma realidade son?
ACTOS MENTAIS |
22º) Atendendo ó seu contido obxetivo as ideas son de tres tipos: ¿cales son?
ADVENTICIAS/FACTICIAS/INNATAS |
23º) As ideas que non proveñen da experiencia externa nin tampouco son construidas a partir doutras. ¿cómo se denominan?
INNATAS |
24º) ¿Con quén idenfica Descartes á idea de infinitude?
DEUS |
25º) Cales son os argumentos que utiliza Descartes para demostrar a existencia de Deus?
ARGUMENTO ONTOLÓXICO/ARGUMENTO BASEADO NA CAUSALIDADE |
26º) Según Descartes Deus e a garantía de que ás ideas lles corresponde unha realidade extramental, un mundo real: ¿esa realidade extramental se refire ás cualidades primarias ou secundarias das cousas?
AS CUALIDADES PRIMARIAS |
27º) ¿Exemplos de cualidades secundarias das cousas?
CORES/SONES |
26º) ¿Exemplos de cualidades primarias das cousas?
EXTENSIÓN/MOVIMENTO |
27º) ¿Cales serían, según Descartes, as tres esferas ou ámbitos da realidade?
SUBSTANCIA INFINITA(DEUS)/SUBSTANCIA PENSANTE(ALMA)/SUBSTANCIA EXTENSA(CORPO) |
28º) A substancia que é suxeito inmediato da extenxión local e dos accidentes que presupoñen a extensión, denomínase?
SUBSTANCIA EXTENSA (CORPO-RES EXTENSA) |
29º) Según Descartes, a substancia cuia natureza consiste en pensar, denomínase?
SUBSTANCIA PENSANTE(ALMA-RES COGITANS) |
30º) Según Descartes toda cousa que existe de tal modo que non necesita de ningunha outra cousa para existir, denomínase?
SUBSTANCIA |
31º) ¿É certo ou falso que na filosofía de Descartes, alma e corpo constitúen unha unidade substancial?
FALSO |
FILOSOFÍA II
TESTFLASH
DESCARTES