TEMA 13: ENMANUEL KANT
(LIBRO DE TEXTO)

Google

KANT

(Test)

1º) Anos do nacemento e morte de Kant?

 

2º) ¿En qué tipo de relixión foi educado Kant?

 

3º) ¿Cales son as tres obras mais importantes escritas por Kant?

 

4º) Lugar de nacimento de Kant?

 

5º) A tarefa fundamental do filosofar consiste, según Kant, en someter a xuizo á razón para resolver a discrepancia nas suas interpretacións da mesma. Tres de esas interpretacións antagónicas que esgazan e disolven a razón son?

 

6º)¿Qué doutrina considera á razón como algo autosuficiente á marxe da experiencia e que intenta explicar a totalidade do real?

 

7º) ¿Qué doutrina hipervalora o sentimento e a fe mística negando con iso á razón mesma?

 

8º) ¿Qué doutrina considera á razón como derrotada ó ter como expresión última ó escepticismo e a reducción do pensamento ó ámbito dos sentidos?

 

9º) O xuizo da razón resulta absolutamente necesario tamén para facer frente ó modo no que os homes viven na época de Kant: ¿cómo describe Kant ese modo non ilustrado de vida?

 

10º) A tarefa crítica da razón terá como obxetivo fundamental, según Kant, a realización da liberdade superando as constriccións civiles e de conciencia: ¿cál é,según Kant, a máxima da ilustración?

 

11º) Kant diferencia entre época ilustrada e época da ilustración: ¿cómo define Kant a época que vive?

 

12º) ¿Cal é o termo que Kant utiliza para designar o principio que contén a condición que favorece só o exercicio da correspondente facultade da razón?

 

13º) O interese da razón presenta dous niveis: ¿cales son?

 

14º) A esencia da razón que establece desde sí mesma os principios que rexen o coñecemento, as leis que regulan o comportamento e os fíns últimos da razón, é denominada por Kant como?

 

15º) Según Kant, a ciencia da relación de todos os coñecementos ós fins esenciais da razón humana: ¿representa o concepto mundano ou o concepto académico da filosofía?

 

16º) ¿Cales serían os tres interrogantes que se corresponden con unha concepción mundana ou cósmica da filosofía?

 

17º) A quén se ha dedicar o primeiro interrogante?

 

18º) A quén se ha dedicar o segundo interrogante?

 

19º) A quén se ha dedicar o terceiro interrogante?

 

20º) Según Kant as tres interrogantes anteriores poden ser recollidas nunha cuarta: ¿cal é?

 

21º) O concepto académico de filosofía correspóndelle ocuparse da interrelación e unidade interna do coñecemento para establecer un?

 

22º) A resposta a pregunta ¿qué podo conocer? Implica ter en contra os dous elementos seguintes?

 

23º) Son, según Kant, as dúas facultades ou fontes do coñecemento:

 

24º) Según Kant, a sensibilidade é algo activo ou pasivo?

 

25º) Según Kant, o entendemento é algo activo ou pasivo?

 

26º) ¿É certo ou falso co entendemento, según Kant, produce de forma espontánea certos conceptos sen derivalos da experiencia?

 

27º) ¿Kant di que Hume o despertou de?

 

26º) ¿Para que utiliza o entendemento, según Kant, os seus conceptos puros?

 

27º) ¿É certo ou falso que, según Kant, os conceptos do entendemento soamente son aplicables con validez dentro da experiencia?

 

28º) Según Kant o problema da metafísica implica saber si é posible ter un coñecemento científico dos tres aspectos seguintes?

 

29º) Según Kant para averigüar si a metafísica é unha ciencia é necesario investigar as condicións que fan posible a existencia de tal ciencia. Kant distingue dous tipos de condicións: ¿cales son?

 

30º) Según Kant son particulares e fácticas así como a posteriori, as condicións?

 

31º) Según Kant son xerais e necesarias, asi como previas á experiencia, as condicións?

 

32º) ¿Cales son as condicións que pertencen á estructura do suxeito?

 

33º) ¿Cómo denomina Kant as condicións a priori?

 

34º) Son formas a priori da sensibilidade?

 

35º) Son formas a priori da razón teórica?

 

36º) É unha forma a priori da razón práctica?

 

37º) O modo de coñecemento de obxetos, en canto que éste debe ser posible a priori, denomínase?

 

38º) Según Kant a ciencia é un conxunto de proposicións ou xuizos os cales, cando son concatenados, forman razoamentos: ¿cómo se denominan os xuizos onde o predicado non está contido no suxeito?

 

39º) Según Kant a ciencia é un conxunto de proposicións ou xuizos os cales, cando son concatenados, forman razoamentos: ¿cómo se denominan os xuizos onde o predicado está contido no suxeito?

 

40º) ¿Cales son, según Kant, os xuizos non extensivos, e decir, que non amplían o noso coñecemento?

 

41º) ¿Cales son, según Kant, os xuizos extensivos, e decir, que amplían o noso coñecemento?

 

42º) Os xuizos non universais nin necesarios, e dependentes da experiencia: ¿son a priori ou a posteriori?

 

43º) Os xuizos universais e necesarios e independentes da experiencia: ¿son a priori ou a posteriori?

 

44º) ¿Os xuizos analíticos son a priori ou a posteriori?

 

45º) ¿Os xuizos sintéticos son a priori ou a posteriori?

 

46º) Según Kant o xuizo: a recta é a distancia máis curta entre dous puntos. ¿Qué tipo de xuizo é?

 

47º) ¿Sinala tres características presentes nun xuizo sintético a priori?

 

48º) Dentro da estructura da Crítica da Razón Pura existen tres apartados que Kant denomina como?

 

49º) Os tres apartados anteriores correspóndense con tres facultades:¿cales son esas tres facultades?

 

50º) ¿Cal é a actividade intelectual que se define por formula xuizos é?

 

51º) ¿Cal é a actividade intelectual que se define por enlazar xuizos formando razoamentos, é?

 

52º) A través de que facultade o obxeto é pensado?

 

53º) A través e que facultade nos é dado un obxeto?

 

54º) ¿Cáles son, según Kant, os elementos de todo o noso coñecemento?

 

55º) A estética, a analítica e a dialéctica trascendentales se corresponden con tres tipos de coñocemento presente nas tres ciencias seguintes?

 

56º) Kant estudia a razón e ocupáse de problema da posibilidade ou imposibilidade da metafísica en?

 

57º) ¿En qué lugar da Crítica da Razón pura, Kant,estudia a sensibilidade e mostra as condicións que fan posible cas matemáticas formulen xuizos sintéticos a priori?

 

58º) ¿En qué lugar da Crítica da Razón pura, Kant, estudia o entendemento e as condicións que fan posible que haxa xuizos sintéticos a priori na física?

 

59º) Na estética transcendental, Kant, denomina como formas a priori da sensibilidade e intucións puras, a?

 

60º) Afirmar co espacio e o tempo non son impresións particulares sensibles concretas, senon os modos como percibimos todas esas impresións particulares sensibles, quere decir que, espacio e tempo, son interpretados:¿cómo formas ou intuicións?

 

61º) Afirmar co espacio e o tempo carecen de todo contido empírico, quere decir que, espacio e tempo, son intrepretados: ¿cómo formas ou intuicións?

 

62º) ¿Qué tipo de sensibilidade está sometida, según Kant, ás ambas formas de espacio e tempo?

 

63º) ¿Qué tipo de sensibilidade só está sometida, según Kant, á forma do tempo?

 

64º) Espacio e tempo: ¿son intuicións puras ou conceptos do entendemento?

 

65º) Na estética trascendental espacio e tempo son a base a priori dos xuizos sintéticos a priori na matemática: ¿por qué a aritmética ten que ve con tempo?

 

66º) Según Kant, percibir é a función propia da sensibilide: ¿cal é a función propia do entendemento?

 

67º) ¿En qué lugar da Crítica da razón pura, Kant, trata da función propia do entendemento?

 

68º) O entendemento leva a cabo a sua función a través de: ¿intuicións ou conceptos?

 

69º) A actividade de referir os fenómenos ós conceptos realízase sempre a través de?

 

70º) Según Kant existen dous tipos de conceptos: ¿cales son?

 

71º) Kant descubre a existencia de 12 conceptos puros ou categorías a partir da existencia dos xuizos. Atendendo a cantidade esos xuizos son de tres clases: universais, particulares, singulares ¿cales son os conceptos que se corresponden con eses xuizos?

 

72º) Kant descubre a existencia de 12 conceptos puros ou categorías a partir da existencia dos xuizos. Atendendo a cualidade esos xuizos son de tres clases: afirmativos, negativos, indefinidos ¿cales son os conceptos que se corresponden con eses xuizos?

 

73º) Kant descubre a existencia de 12 conceptos puros ou categorías a partir da existencia dos xuizos. Atendendo a relación esos xuizos son de tres clases: categóricos, hipotéticos, disyuntivos ¿cales son os conceptos que se corresponden con eses xuizos?

 

74º) Kant descubre a existencia de 12 conceptos puros ou categorías a partir da existencia dos xuizos. Atendendo a modalidade esos xuizos son de tres clases: problemáticos, asertóricos, apodícticos ¿cales son os conceptos que se corresponden con eses xuizos?

 

75º) ¿Cómo se denomina o descubrimento que Kant fai dos conceptos puros ou categorías a partir da clasificación lóxica dos xuizos?

 

76º)¿Cómo se denomina á exposición e á xustificación da función que desempeñan as categorías no coñecemento?

 

77º) Según Kant os conceptos puros ou categorías son condicións transcendentais, necesarias do noso coñecemento dos fenómenos. Esto implica cos conceptos puros son:¿cheos ou baleiros?

 

78º) Según Kant os conceptos puros ou categorías: ¿han de encherse cos datos do coñecemento sensible ou han de aplicarse a aquilo que está máis alá dos fenómenos?

 

79º) Na analítica trascendental, Kant, analiza a posibilidade dos xuizos sintéticos a priori na ciencia?

 

80º) ¿É certo ou falso ca categoría de causa (principio de causalidade) é un concepto puro que se corresponde cos xuizos hipotéticos?

 

81º) O concepto puro ou categoría de causalidade é:¿a priori ou a posteriori?

 

82º) O termo fenómeno expresa o obxeto do coñecemento empírico e obxetivo. A nivel sensible correspóndese co obxeto indeterminado dunha intuición empírica. O que nel se corresponde coa sensación denomínase?

 

83º) O termo fenómeno expresa o obxeto do coñecemento empírico e obxetivo. A nivel sensible correspóndese co obxeto indeterminado dunha intuición empírica. O que fai co diverso do fenómeno (a súa materia) poida ser ordeada en certas relacións, denomínase?

 

84º) O obxeto en tanto que aparece e é coñecido, denomínase?

 

85º) O correlato do obxeto considerado á marxe da súa relación coa sensibilidade, chamáse?

 

86º) Cando unha cousa no pode ser recoñecida por medio da intuición sensible, entón o noúmeno é considerado?

 

87º) Cando un obxeto pode ser recoñecido por medio da intuición non sensible, e dicir, por medio da intuición intelectual, entón o noúmeno é considerado?

 

88º) ¿É certo ou falso que, según Kant, non hai coñecemento das cousas en sí ou noúmenos?

 

89º) ¿Qué tipo de razón nos permite o acceso ás cousas en sí?

 

90º) Pensar co espacio e o tempo, así como as categorías, son condicións da posibilidade dos fenómenos, implica ca doutrina de Kant defende un idealismo de tipo?

 

91º) ¿En que lugar da Critica da Razón pura, Kant, se ocupa da posibilidade da metafísica e da natureza e funcionamiento da razón?

 

92º) Según Kant a metafísica, entendida como coñecemento de realidades que están mais alá da experiencia, da lugar a erros e?

 

93º) A dialéctica transcendental é unha crítica do entendemento e da razón na súa pretensión de alcanzar coñecemento das cousas en sí. Según Kant esta tendencia é: ¿evitable ou inevitable?

 

94º) ¿É certo ou falso ca razón intenta a búsqueda de xuizos mais xerais que abarquen e sirvan de fundamento a unha multiplicade de xuizos particulares?

 

95º) Os conceptos da razón que ésta non adquire nin polos sentidos nin por ningún tipo de experiencia son denominados por Kant como?

 

96º) Cando os fenómenos físicos e psíquicos se intentan explicar e unificar por medio de teorías metafísicas surxe a aparición da idea de?

 

97º) O tipo de idea anterior constitúe o que Kant denomina como?

 

98º) Cando os fenómenos físicos se intentan explicar e unificar por medio de teorías metafísicas surxe a aparición da idea de?

 

99º) O tipo de idea anterior da lugar á aparición de?

 

100º) Cando os fenómenos psíquicos se intentan explicar e unificar por medio de teorías metafísicias surxe a aparición da idea de?

 

101º) O tipo de idea anterior da lugar á aparición de?

 

102º) Todo o proceso anterior da lugar o xurdimento de tres ideas da razón que, según Kant, desempeñan un papel moi peculiar dentro do noso sistema cognoscitivo:¿cales son?

 

103º) Ademais de coñecer, o ser humano necesita saber como ha de ser a súa conducta moral. Esta función moral a formula Kant a través da pregunta seguinte?

 

104º) ¿Qué tipo de razón se ocupa de coñecer como son as cousas?

 

105º) ¿Qué tipo de razón se ocupa de coñecer como deben ser as cousas?

 

106º) ¿Quén se ocupa, según Kant, do ser?

 

107º) ¿Quén se ocupa, según Kant, do deber ser?

 

108º) ¿Qué é o que formula a razón teórica?

 

109º) ¿Qué é o que formula a razón práctica?

 

110º) Dentro da historia da filosofía todas as éticas, anteriores a Kant, eran: ¿materiais ou formais?

 

111º) A ética de Kant é:¿material ou formal?

 

112º) ¿Cal é a ética contraria a unha de tipo materialista?

 

113º) ¿Cal é a ética contraria a unha de tipo material?

 

114º) Según Kant as éticas materiais fixan un ben supremo para o ser humano como criterio da bondade ou da maldade da súa conducta: ¿cáles son os dous elementos presentes en toda ética material?

 

115º) ¿É certo ou falso cas éticas materiais son éticas sen contido?

 

116º) Según Kant as éticas materiais presentan as tres seguintes deficiencias:

 

117º) ¿É certo ou falso que, según Kant, os imperativos da ética deben ser particulares e tomados da experiencia?

 

118º) Según Kant unha ética formal debería presentar as tres características seguintes:

 

119º) ¿É certo ou falso cas éticas formais son éticas sen contido?

 

120º) ¿É certo ou falso cunha ética formal non establece ningún ben ou fín para o home e que nos dí non o que deberíamos facer senon como debemos de actuar?

 

121º) ¿Cómo denomina Kant ó principio subxetivo do obrar, e dicir, o principio segundo o cal obra o suxeito?

 

122º) ¿Cómo denomina Kant ó principio obxetivo válido para todo ser racional, e dicir, o principio segundo o cal debe obrar o suxeito?

 

123º) Según Kant a necesidade dunha acción por respecto á lei constitue o que se denomina como?

 

124º) Kant distingue tres tipos de accións morais: ¿cáles son?

 

125º) Según Kant: ¿cal, das tres accións morais anteriores, tería auténtico valor moral?

 

126º) ¿Son duas clases de imperativos morais, según Kant?

 

127º) Unha das formulacións do imperativo categórico de Kant é: obra só segundo unha máxima tal que poidas querer ó mesmo tempo que se torne en lei universal. ¿Esta formulación establece normas ou sinala a forma que han de ter as normas?

 

128º) Outra das formulacións do imperativo categórico de Kant é: obra de tal modo que uses á humanidade, tanto na túa persoa como na persoa de calquera outro, sempre como un fin e nunca meramente como un medio. ¿Cal é a nova idea que se inclue agora fronte á formulación anterior?

 

129º) ¿É certo ou falso que Kant, na Crítica da razón pura, nega a inmortalidade da alma ou a existencia de Deus?

 

130º) ¿É certo ou falso que, según Kant, Deus e a inmortalidade da alma son cognoscibles pola razón teórica?

 

131º) º) ¿É certo ou falso que, según Kant, Deus e a inmortalidade da alma non son cognoscibles pola razón práctica?

 

132º) Algo que non é demostrable, pero que é suposto necesariamente como condición da moral, denomínase?

 

133º) Según Kant, a liberdade, a inmortalidade da alma e a existencia de Deus son?

 

134º) Según Kant a posibilidade de obrar por respecto ó deber vencendo as inclinacións contrarias supón a existencia de?

 

135º) Según Kant a imposibilidade de alcanzar a perfección nunha existencia limitada supón a existencia de?

 

136º) Según Kant a necesidade de postular unha realidade en quen o ser e o deber ser se identifican, supón a existencia de?

 

Si queres coñecer a solución: preme eiquí
Filosofía II
TestFlash1
TestFlash2
TestFlash3
TestFlash4
Testflash5
TestFlash6
TestFlash7
KANT