RECURSOS

Ciencias Políticas e Socioloxía
(Optativa 2º Bacharelato)
Cuestionarios e Xogos
Google
 

Tema1 Coa implantación dos novos bacharelatos creóuse unha nova disciplina  de caracter optativo, que  poden cursar os alumnos de 2º de Bacharelato, e que recibe o nome de Introducción as ciencias políticas e Socioloxía. Nesta páxina presentamos unha serie Cuestionarios e Xogos relacionados con cada un dos temas pertencentes a tal asignatura. Os temas a desenrolar a través do curso son os seguintes:
  1. Orixe e especificidade da sociabilidade humana
  2. Grupos e organizacións sociais: A xénese do poder
  3. Estratificación e mobilidade social
  4. A organización política do poder
  5. Conformación histórica do Estado moderno
  6. Estado Moderno e Nación
  7. Estado e contrato social
  8. Contrato social e Constitución: tipoloxías constitucionais e réximes políticos
  9. O réxime democrático
  10. A participación política nas democracias

En relación con estos temas os alumnos levarán a cabo a realización de diferentes Mapas Conceptuais relacionados con cada un dos apartados dos que consta cada tema. Tamén deberán comentar por escrito o significado de cada un deses mapas. En este contexto, os cuestionarios e os xogos, presentes nesta páxina, atopánse en estreita relación con tales mapas conceptuais.

Por outra banda, ó longo do curso, e coincidindo con cada unha das avaliacións, os alumnos deberán presentar un sinxelo traballo de investigación. Na primeira avaliación levarán a cabo un traballo relacionado cos libros VIII-IX da República de Platón. Na segunda avaliación farán o mesmo, pero, en este caso, o traballo xirará o rededor do Príncipe de Maquiavelo. Por último, e, en relación ca terceira avaliación, deberán presentar un traballo que teña por obxeto de investigación a obra de John Locke Tratado sobre el gobierno civil.


Nicolás Maquiavelo

Tema2
Tema3
Tema4
Tema5
Tema6
Tema7
Tema8
Tema9
Tema10
Xogos1
Xogos2
Test Final

Traballos: