Desenvolvemento e Grandes temas da filosofía
medieval e renacentista
Tema 4
(LIBRO DE TEXTO)
INTRODUCCIÓN: CRISTIANISMO E FILOSOFÍA NO IMPERIO ROMANO
(Test)
1º) O encontro entre cristianismo e filosofía tivo lugar nos primeiros séculos da nosa era, durante o imperio romano. ¿Cales eran as catro escolas filósoficas gregas dominantes?
2º) Filósofo insige cordobés, pertencente a escola estoica romana, do século I da nosa era?
3º) A partir do século III d.d.Cristo a corrente principal da filosofía grega foi?
4º) Filósofo grego neoplatónico do século III d. d. Cristo que inflúe decisivamente en Santo Agostin?
5º) O cristianismo non é un sistema filosófico senon unha doutrina de salvación. Duas das crenzas cristiáns, novas e alleas á filosofía grega, eran?
6º) ¿Con quen poñían en relación os filósofos gregos a Deus?
7º) ¿Con quen poñía en relación o cristianismo a Deus?
8º) ¿É certo ou falso ca filosofía grega, nos tempos do imperio romano, consideraba moi dificil o coñecemento absoluto da verdade?
9º) ¿E certo ou falso co cristianismo, nos tempos do imperio romano, consideraba moi dificil o coñecemento absoluto da verdade?
10º) ¿E certo ou falso ca filosofía grega defendeu un monoteismo estricto?
11º) ¿E certo ou falso co cristianismo defendeu un monoteismo estricto?
12º) ¿É certo ou falso ca filosofía grega considerou a creatio ex nihilo como un principio racional incuestionable?
13º) ¿É certo ou falso co cristianismo considerou a creatio ex nihilo como un principio racional incuestionable?
14º) A idea do creacionismo de tipo cristían está intimamente unido ó concepto de?
15º) Todos os seres, excepto Deus, existen pero pero poderían non existir: ¿cál é o termo que expresa esta definición?
16º) ¿Qué tipo de idea s’atopa intimamente vinculada ó monoteismo e ó creacionismo?
17º) ¿Qué concepto grego cuestionaba a defensa co cristianismo facía dos milagres?
18º) O cristianismo defende a paternidade divina. Unicamente un filósofo grego definiu a Deus como pai e facedor de todo: ¿qué filósofo foi?
19º) ¿Cales son os tres elementos fundamentais da concepción cristiá do ser humano?
20º) Para a filosofía grega, no terreo da moral, o pecado era resultado de?
21º) Para o cristianismo, no terreo da moral, o pecado era resultado de?
22º) ¿Nun princripio o cristianismo aceptou o rexeitou a filosofía grega?
23º) O cristianismo rematara por "tomar prestados" conceptos básicos da filosofía grega. ¿Cal foi a filosofía grega que ofrecía maiores semellanzas co cristianismo?
24º) Sinala 5 doutrinas do platonismo, sobre a sua concepción do universo, facilmente asimilables polo cristianismo:
25º) º) Sinala 3 doutrinas do platonismo, sobre a sua concepción do ser humano, facilmente asimilables polo cristianismo:
26º) ¿É certo ou falso que para o platonismo todo o que inmortal é tamén inexendrado?
27º) ¿É certo ou falso que para o cristianismo todo o que inmortal é tamén inexendrado?
Si queres coñecer a solución: preme eiquí
Filosofía II
TestFlash
Cristianismo
y Filosofía
Tomás de Aquino